20 sept 2010

A Mentira do Milenio

Hoxe, hai dez anos, reuníanse na sé da ONU, en Nova Iorque os líderes dos países que ían asinar o que se deu en chamar Declaración do Milenio, un compromiso do que naceu, por exemplo o famoso 0'7%, un limiar mínimo de investimento nos países en vías de desenvolvemento.

Era un obxectivo a longo prazo, 15 anos -sen dúbida, máis do que calquera habitante destes países, cunha media de vida de 40 anos, podería agardar-.

Hoxe os telexornais dos medios do sistema gábanse do máis do 0'50 % do PIB que a xenerosa España destinaba aos proxectos de desenvolvemento promovidos pola ONU.

Hoxe, eses telexornais consentían -con toda a razón do seu raciocinio- que se rebaixase a pouco máis do 0'40% do PIB o destinado a estas accións.

A crise, a crise do sistema capitalista (ese sistema que, por activa ou pasiva, ti tamén sustentas, e contra o que non berras) é a escusa: abaratamos a despido, contratamos menos mozos, afundimos co capital para que nos use de salvavidas e, despois de todo, permitimos que a esa parte esquecida da humanidade, que se atopa nese estado pola nosa culpa, se afunda baixo nos.

Ban Ki-moon dixo que o noso mundo posúe os coñecementos e recursos para lograr os Obxectivos Do Milenio. Señor Secretario Xeneral das Nacións Unidas, aplíquense e deixen de falar (ao Protocolo de Kioto me refiro).

E nos, o pobo -os que realmente gobernamos, se queremos- deixemos de escoitar e actuemos.