31 dic 2010

Van 365...

...días dende que as miñas amizades, coñecidas e coñecidos e eses novos amigos que as redes sociais nos brindan, me desexaban un feliz e próspero 2010.

Ben, foi próspero; deu moitísimo de si. Proxectos que ían dende rodaxe de filmes até unha responsabilidade política nunha organización. Todos foron caíndo ou cambiando até non ser de todo atractivos.

Caíu unha produtora (falo aparte dos grandes mercados e das situacións da Metro...). Caíu unha amizade e unha amiga; o seu posto, a dignidade e o respecto -poucos- que lles tiña a certas e certos compañeirxs. Caíu un matrimonio, unha casa -fogar de neno- e cairon esperanzas. Os Obexectivos do Mileno, por moito que se diga, son unha mofa á nosa intelixencia.

Mudaron direccións, directivas e directores. Mudaron visións concretas e xarelistas e, claro está mudei até eu.

--
Ser un minusválido social difrázase moi ben. Basta con trapitos fashionables, buratos na cara, pintura facial e abandeirar a apolítica -sen saber usar o termo, esta claro. Foi un ano cheo de políticas e políticos inútiles -de dereita a esquerda-, de camaradas insensíbeis e de lixo organizativo. No mundo faltan milleiros de millóns cousas, pero está claro que sobran outras tantas.

--
Hoxe falei co meu irmán. Até agora a valoración do ano foi positiva. Que lle imos facer ao malo, se non é transformalo en enerxía para o bo?

Pero escoitar a xente tan querida cunha visión tan negativa...

O outro día falei cunha amiga. Até entón criamos nunha victoria, nunha limpeza de certas cousas sobrantes.

Pero escoitar a xente tan querida cunha visión tan negativa...


E no último segundo do ano -o cal non ten máis importancia que outro día calquera- atópome que, no balance sálvase xente de -La- cidades portuarias, de paletos emigrados, de galegas, responsábeis, disidentes, troskos, revisionistas, descoñecidos... Pero por riba de todo resulta que un alérxico ao gluten sálvame un pouco.

É hora de prepararse para deixarse levar. Saír, ben guapxs todxs. E que a Sociedade nos leve a onde se supón que temos que ir a facer o que temos que facer.

Boa entrada no 2011.