7 jul 2011

Los ojos de Julia (2010) Guillem Morales

Para abrir a caixa do filme atopamos a unha Belén Rueda no seu máis patético papel -despois de morrer baixo as rodas dun guionista ebrio, como nai de familia numerosa, claro-. Sorte que no minuto segundo a personaxe cólgase e afoga, final feliz. Pero tranquilidade, a señora Rueda, aparte de exercer o papel que compón o leitmotiv –ao puro estilo de Eugen Ionescu- é a protagonista de toda a fita.Tamaño de fuente

Xa coa súa característica melena rubia e longa, Belén Rueda quixo aportarnos pouco máis que nada, xunto co seu compañeiro de reparto Lluís Homar. Ambos deciden darlle ao filme unha montaña rusa de calidade actoral (e agora non hai escusa ou mellora na dobraxe, señores), con momentos nos que eles fan augas como intérpretes e outros na que o guión lles pon a auga ao pescozo.

>Se xa a viches< A que ven o enfado de Isaac cando entra no aparcadoiro a polas gravacións de seguridade? Culpa do actor, do guión… ou perderon a folla de cámara?

Excelentemente ambientado, iso si, e cuns decorados soberbios (El Orfanato, Los Otros…?), exquisito traballo dun bo ambientador e recollido por un director, que noutras outras cousas non, pero que ten unha visión dos encadres lixeiramente orixinal. Todo isto recolle unha trama tan inestábel como a luz das velas, que en certos momentos danos pistas para parvos (IVÁN, reza o primeirísimo plano do uniforme dun descoñecido), e noutros intres sorprendémonos pensando “era el!”.

Tecnicamente está resolta á perfección; iluminación ben aproveitada, cos seus xogos de sombras máis que interesantes. Usos de cámara subxectiva ben logrados, que fan que sexamos Julia desexando e non podendo ver. Unha discretísima banda sonora, que nin sorprende nin decepciona, simplemente “pasa”. E, por último unha idea orixinal e grimosa á par que potencialmente boa.

Erros? Confiármonos en producións españolas (e “españolas”) de éxito (e “éxito”) como El Orfanato ou Los Otros, que nos levan á mesma casa da avoa, con ese rancio papel de parede, lámpadas sesenteiras e unha Belén Rueda que non é máis que a versión cañí dos “saltos-sustos” patentados en australia.

Máis erros? A metade parte da equipa técnica e artística. Os primeiros por non saber levar un raccord coherente, crear un guión endeble que a segunda parte do erro se empeñou en facer peor. Demostrado queda que; nin Guillem Morales tivo o necesario para dicir “así non!” nin Rueda debe volver dobrarse a si mesma.

Unha composición final ao estilo de Zimabue, co seu Cristo na cruz da paso a un “closing theme” do máis emotivo, sofisticado, emocionante e precioso -léase, obviamente, en ton de sorna-. Iso si, o título do filme está ao final do mesmo. Sorpresa!

No hay comentarios:

Publicar un comentario