21 jul 2011

A rendición como resposta de Azaña, a rendición de Bono.

O día 18 presentábase no Congreso un texto sobre o 75º aniversario do inicio da Guerra Civil.

Os grupos parlamentares de esquerdas (IU, BNG, ERC, entre moitos outros) en conxunto con tódalas asociacións pola memoria histórica, pola non impunidade do franquismo, etc, crearon un texto entre todos condenando o golpe, a guerra e a represión, así como a propia ditadura.

Bono, como presidente do Congreso ofreceuse a redactar e presentar o texto final.

Onte, levouse á cámara o texto de Bono, sen que se consultase antes aos "pre-redactores". Antes de subir á votación, Llamazares preguntoulle en ton case irónico (pola resposta positiva presumíbel) "Aún que no hemos visto el texto, ¿por lo menos se condenará el franquismo?". "No" dixo o presidente da Cámara baixa.

Ás 19.30h presentouse o texto máis vergoñento, noxento e penoso da historia do PSOE no Parlamento (se cabe, máis penoso que as centos de medidas anti-socialistas e anti-obreiras do partido que se autodefine como tal).

Ás 19.30 horas PP e PSOE aplaudían un texto que non valorou positivamente o goberno da República (os alicerces do actual PSOE), nin valorou negativamente un golpe de Estado que deixou case duascentas mil vítimas, a meirande parte abandonadas coma cadáveres de cans rabiosos no medio dos montes, ou no fondo dos mares.

Así, 75 anos e unhas horas despois do alzamento nacional, o PSOE, de cuxas filas desapareceron, por "criminales contrarios a España; una, grande y libre", ducias de miles de militantes, non condena o rapto, asasinato e enterramento dos seus propios "camaradas".

Onte, o PSOE deu un paso máis na indignidade que arrastra dende que, no 35 non quixo afianzar a República Federal sendo, en grande parte responsábel de que o estado español se convertese na nación podre franquista.

Pablo Iglesias retórcese na súa tumba. Marx chora -unha vez máis- sangue. Entanto, Bernstein ri, as dereitas gozan do seu aliado, que non son máis que a mesma cara da mesma moeda.

E, noutro entanto, Bono cuspe sobre a memoria -a súa, a do seu partido, a de Hespaña, a do actual Estado e a das nacións que sufrimos a deslealdade da Frente Popular do 35).

Parabéns ás e aos socialistas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario