11 ago 2011

Jornada Mundial de la Juventud Madrid 2011

O 77% da poboación española declárase católica. Só un 18% é católico practicante. Un 18'9% defínese ateo/a-agnóstico/a. (Datos do CIS, da FEREdE, e un estudo do New York Times).

E, supoñendo que xente dos estados veciños se achegue a Madrid (algún –bastantes- haberá): un 18,7% de Portugueses son católicos practicantes, segundo un estudo da Igrexa Católica. En Francia aínda que se supón que un 50% da poboación é católica, o numero de practicantes é insignificante (non chega a un 8% da poboación). Descoñécense os datos exactos, porque a Igrexa, en Francia, dende o 1900 aprox. non ten dereito a censar aos seus “membros”, e só se coñece por extrapolación de certos estudos.

Se tomamos o total dos practicantes españois, a metade dos practicantes portugueses, e un terzo dos franceses como “posíbeis” asistentes, temos aproximadamente 11.145.000 de visitantes potenciais, dos cales se agardan un millón. E para min supón un fracaso total. (Sen levalo a nivel Europeo).

En 2005 (Nas XMX de Coloni


a, Alemaña) asistiron 400.000 mozos, 100.000 eran alemáns. Na misa final houbo 1.200.000 asistentes (incluíndo 20.000 voluntarios, delegacións oficiais, “persoal eclesiástico”e non-mozos/as…). As XMX de 2008 en Sidney tiveron unha asistencia de 700.000 mozos/as en total.

Iso si, a Igrexa Católica (a budista, a protestante, os xudeus, os hindúes…) teñen a liberdade Constitucional de celebrar os seus ritos e actos como lles pete, PERO:

- A Constitución Española garante que “ningunha confesión ten carácter estatal” no artigo 16.3, MAIS TAMÉN ese artigo recolle que “[os poderes públicos] manterán as consecuentes relacións de cooperación coa Igrexa católica e as demais confesións".

O “malo” non o está a facer a Comunidade/Concello de Madrid, nin o Estado Vaticano, nin o estado español; a Comunidade/Concello están gobernados por un partido que se define, se non católico, si de raizames cristiáns. O Vaticano… non precisa explicacións. E España debe recibir a un xefe de estado (o Papa é iso, tamén) como sinala o protocolo, e garantíndolle a seguridade e comodidades axeitadas. Así entón, non se incorre en ningunha contradición/ilegalidade/alegalidade.


Se non nos gusta… debemos acatar que o PP é firme defensor da relixión católica. E que o PSOE non vai facer máis que un par de “chorradas” para finxir cambiar as relacións co Vaticano.

Se non nos gusta… cambiemos de idearios políticos caducos. De Constitucións rancias e xa non falemos do modelo de Estado.




Agora ben, crer que a mentira de “70% xa autofinanciado, fálase dun 100%” é un verdadeiro acto de fe (habería que ver de que medio e de que axencia se saca esa información), porque ao final NÓS SI imos pagar, gañe o que gañe a Igrexa coas XMX.

Rebaixas nos bonos de metro, no aloxamento, patrocinio privado… “a xente que ven ás XMX paga”. Non nos equivoquemos. Págalle ao Vaticano, á organización, á Conferencia Episcopal Española. As empresas pagan os gastos da organización, da Igrexa Católica. O que perde a Comunidade, o Concello e o Estado sufragámolo nós, as e os crentes en Cristo, Mahoma, Budha. As e os agnósticos e ateos.

Que veña o Papa. Que o Estado lle pague a estancia, a comida e a seguridade (como faría con calquera outro xefe de Estado).

Pero sen máis. A súa festa que a paguen eles e as empresas privadas. Sen máis privilexios (aínda que, nun hipotético mundo feliz, lle dera ganancias a Madrid).

Pero teñamos en conta que o Papa é un dirixente autoritario (elixido por un “consello de sabios inspirados por Deus Todopoderoso”), como se recibimos a Fidel Castro, ou a Kim Yong-il, ambos ditadores elixidos tamén polo seu partido.


E en España hai máis comunistas votantes que católicos practicantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario